Vostede está aquí
"Submisión Química" Saber +
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
A través do proxecto, que alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5 e 11, estamos a desenvolver numerosas actividades. Entre elas os Obradoiros Saber + en colaboración con UDCiencia d+i da Universidade da Coruña coordinado por Ana G. Tizón, profesora da UDC e Xenetista experta en Mutaxénese.
O obradoiro terá lugar o luns 31 de novembro ás 19 horas na biblioteca do Forum Metropolitano, e versará sobre a submisión química, tema de moita actualidade. Será impartido polas mozas doutorandas e membros de UDCiencia Raquel Pérez Guevara e Icía Lista Pombo.
Submisión química
A administración de substancias químicas a unha persoa, sen o seu consentimento e sen o seu coñecemento incrementou notablemente e adquiriu grande relevancia social.
No obradoiro informaremos en que consiste realmente este fenómeno, que substancias poden estar implicadas, e cales son os síntomas principais, facendo especial fincapé no consumo de alcol.
Dende a Asociación convidamos a toda a cidadanía a participar neste obradoiro e a inscribirse na seguinteLigazón