Vostede está aquí
Súmate ao voluntariado
14/03/2020 - 11:50
O Concello da Coruña activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas en situación de dependencia, soidade, mobilidade reducida, etc, ante a incidencia da situación provocada pola enfermidade coñecida como COVID-19. Se tes máis de 18 anos e queres axudar a persoas que están en situación de vulnerabilidade súmate ao voluntariado municipal realizando a inscrición no formulario. Ten en conta que:
- Esta acción voluntaria está destinada a persoas maiores de 18 anos. As persoas enmarcadas nos colectivos de risco non poderán, como medida excepcional, participar desta acción voluntaria.
- As persoas voluntarias recibirán indicacións da equipa de Protección Civil para desempeñar as labores voluntarias nas condicións adecuadas.
- Todas as persoas que participen farano de forma individual e seguindo as indicacións e medidas de precaución marcadas polas autoridades sanitarias.
Chamamento para persoas voluntarias: 13/03/2020 ata o 27/03/2020
Formulario de inscrición Hashtag: #voluntariadocoruña
Organizador: Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Contacto: PARTICIPACIÓN