Vostede está aquí

RECUPEREMOS O NOSO PATRIMONIO

Recuperación da que foi Casa do Concello de Oza, restauración e devolución como casa museo ao Barrio de onde non debeu saír ás mans privadas. Situada na Rúa Montes. A Asociación de Veciños lévaa reivindicando a petición dos veciños e veciñas dende hai unha chea de tempo, quedaría perfectamente integrada no novo Parque de Oza.

- Rexeneración e posta en valor da Praia de Oza como parte que foi da antiga Lazareto. En convenio co Porto poderíase ampliar integrando os antigos varadoiros e sen maior gasto. Non pedimos un paseo marítimo, ao contrario: non queremos ningunha actuación nese senso.

- Pedimos que a través dun convenio entre Concello e Adif, ésta se comprometa á limpeza e mantemento da contorna do camiño de ferro e a proxectar e executar unha rampa máis ancha que voando por riba do camiño de ferro leve á praia: a que hai hoxendía non ten sentido dado o volume de bicis e peóns que a atravesan.

- Tamén reclamamos a recuperación do Faro de Oza e que sexa devolto aos veciños e veciñas como aula do mar e dos mariñeiros da Ría (aula polivalente de: exposicións, reunións, charlas e conferencias).


- Tamén urxe instar a quen corresponda á restauración inmediata das casas modernistas da Avenida de Oza.