Vostede está aquí
Noso Blogue
Volvemos ás rúas, esta vez ao barrio dos Castros. Nun baile moi especial no que levaremos o noso sistema de son á rúa Monte das Moas o próximo venres 27, para revivir as festas da Merced no proxecto "Memoria emocional do barrio: Recuperemos as nosas tradicións" coa colaboración da Asociación de Veciños de Oza Gaiteira e Os Castros, A Coruña Dub Club e o Concello da Coruña.
O próximo 23 de setembro, ás 19h, no Forum Metropolitano, terá lugar a nosa segunda xornada de Fóra de campo. Esta vez colaboramos coa Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros para proxectar a película “Stray”, de Elizabeth Lo.
Prezad@ socici@:
Como todolos anos, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza coa colaboración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a AV Oza Gaiteira Os Castros o Día da Galiza Mártir na Coruña, diante do monumento dedicado a Alexandre Bóveda, no Paseo que leva o seu nome (Zona de Catro Camiños). Nesta ocasión será o sábado 17 de agosto ás 19.30 h. Animámoste a acudir a este acto.