Vostede está aquí

RADIO BARRIO

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros apostamos  pola defensa do dereito a comunicar da cidadanía, tanto no eido xurídico, coma no político e no social, un xeito efectivo de defender os dereitos humanos e reclamamos o mantemento das radios comunitarias, como Cuac Fm.

Polo que animamos a participar no "Proxecto Radio  Barrio" organizado por CUAC FM o proxecto consiste en tres eventos:

 

1. Charla informativa o LUNS 16 DE OUTUBRO ÁS 19 HORAS, para informar sobre a natureza do proxecto

2. Breve obradoiro de radio o VENRES 20 DE OUTUBRO de 18.00 a 20.30 HORAS, para preparar o programa en directo

3. Programa en directo con público o VENRES 27 DE OUTUBRO, de 18.30 a 20.30 HORAS

 

Neste proxecto CUAC FM quere pulsar as inquedanzas culturais e sociais de toda a cidadanía dos barrios cercanos, como Os Castros, O Castrillón, A Gaiteira, etc. Se estás interesado/a en asistir, e/ou coñeces a alguén da zona que poida interesarlle, non dubidedes en asistir e difundir a noticia sen medo. Vide coa mente aberta e receptiva, porque todos os vosos proxectos poden converterse en realidade con CUAC FM.

 

Se queres participar, envía unha mensaxe o antes posible ao e-mail: comunicacion@cuacfm.org

 

A xuntanza informativa do día 16 vai ser na Aula 6 do Centro Cívico. Se non podes vir a esa, podes asistir igualmente aos outros dous eventos. Ponte en contacto connosco, non te arrepentirás.