Vostede está aquí

Proxectos deste ano 2023

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros inicia de novo este ano 2023 os proxectos participativos centrados na Axenda 2030

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros inicia de novo este ano 2023 os proxectos participativos centrados na Axenda 2030. Trátase dos proxectos Barrios 2030 e Mulleres na Rúa a través dos que pretenden xerar espazos de participación e reflexión para crear novos imaxinarios sobre modelos de vida máis respectuosos a nivel social, ambiental e económico, á vez que melloran o coñecemento da cidadanía sobre os ODS e as súas metas.

Ambos proxectos combinan programas de radio en cuac Fm de carácter quincenal con actividades presenciais para a poboación, como é o ciclo de cine que realizan con carácter mensual no Forum Metropolitano. Para dar a coñecer o contido dos proxectos á cidadanía, o vindeiro luns 30 de outubro ás 12:30h organizan unha presentación na tenda de cosmética LP10 sita no Barrio Oza Gaiteira Os Castros, onde explicarán o seu contido, difudindo o acto a través da radio e convidando a todas as persoas asistentes a un ágape. Está confirmada á asistencia ao acto da Corporación Municipal.

Agradecemos que aquelas persoas interesadas en asistir inscríbanse en FORMULARIO DE INSCRICIÓN