Vostede está aquí

Por un plano de mobilidade Xa

Por un plano de mobilidade



A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros Expón:  


                                                                                                                       


 Son moitas as cidades que loitan polo coidado do medio e do seu ámbito. Unha das maneiras de facelo é evitando medios de transporte que contaminen e para iso, o cidadán necesita unhas infraestruturas que lle faciliten o uso da cidade de xeito sostible.



Bicicletas, unha opción de transporte sostible.( Carril Bici )


A nivel individual e persoal o cidadán toma a elección de contribuír ou non a este xeito de vivir e, en ocasións, pode verse limitado pola escaseza de infraestruturas. Por iso as autoridades han de desenvolver plans de mobilidade sostible nas cidades.



Con isto preténdese fomentar o uso de medios de transporte menos contaminantes como bicicleta, transporte público ecolóxico, barato e eficaz , ir camiñando en traxectos curtos... con isto obterase unha mellora da calidade de vida do cidadán.



Investir neste tipo de proxectos garante o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio. Ademais de evitar algúns accidentes, atoamentos e ruídos, tamén obteremos unha mellora do transporte público xa que ao aumentar o uso, se destinará máis presuposto á súa melloría, obteremos maior rapidez nos desprazamentos e melloraremos a accesibilidade.



É moi importante concienciar os cidadáns das vantaxes e beneficios a longo prazo dunha mobilidade urbana sostible. Por iso en toda Europa organízanse actividades para animar tanto os cidadáns, a que usen transporte público, como ás autoridades a investir en infraestruturas.



Dende a nosa Asociación instamos ao concello a elaboración dun plan de mobilidade  consesuado con tódolos  sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.