Vostede está aquí
Pedimos Transparencia
03/06/2014 - 23:42
Queremos solicitar transparencia por parte do concello da Coruña.
Hai unas semanas os medios de comunicación informaban das bandeiras azuis que se concedían este ano 2014, a través destes medios tivemos coñecemento de que a praia de Oza perdía o distintivo de calidade que tiña o ano pasado.
A veciñanza non recibiu información algunha por parte das administracións sobre os motivos desta perda de calidade.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicitamos do concello da Coruña que faga pública toda a información da que dispoña sobre esta cuestión. Polo que sabemos o problema está na calidade da auga polo que esiximos coñecer os parámetros das medicións desa calidade.
É obrigación das administracións velar pola seguridade e saúde da cidadanía polo que temos dereito a coñecer o estado real da auga da praia de Oza, queremos saber que elementos están a motivar esta perda de calidade para poder determinar as causas que a provocaron.