Vostede está aquí

PATRIMONIO DO BARRIO EN PERIGO

evegarodriguez@hotmail.es
2 de xullo do 2009

Até fai poucos anos a Avda. General Sanjurjo (antigamente coñecida co nome de Rúa Francisco Ferrer, en nome do recoñecido pedagogo de ideas libertarias) estaba chea de edificios característicos do modernismo arquitectónico coruñés. Os Castros era a periferia da Coruña onde as fortunas da cidade invertían en fincas de recreo a principios do século XX, e ofrecía residencia aos novos industriais e comerciantes do Concello de Oza (quen non se lembra da casa dos Chas). Un aproveitamento do chan en edificabilidade e novos conceptos urbanos deron ó traste con toda esta arquitectura favorecendo edificos máis planos e sen personalidade definida.

No actual número 150-152 da Avda. General Sanjurjo queda un exemplo deste estilo modernista ligado ao progreso comercial e industrial do barrio. Foi deseñado polo arquitecto Antonio de Mesa, data de aproximadamente no ano 1911, e ten abundantes elementos decorativos con detalles típicos do seu tempo ademáis dunha carpintería de madeira. Hoxe, este edificio característico está en verdadeiro perigo outra vez coa escusa da modernización. No número contiguo un mamotreto de edificio impersonal e vacuo ameaza a súa boa conservación e constriñe a súa estética e estrutura.

Pero hai máis cuestións: a continua macización da zona da Cubela está a desfacer tramas urbanas carácterísticas tales como terreos de cultivo interiores; noutras zonas consérvanse alineacións de fachada que impiden construír beirarrúas e mesmo o futuro Parque do Oza levouse adiante unha desfeita de patrimonio e arquitectura .
¿Canto durará coas directrices do novo PXOMC a casa de general Sanjurjo ? A pesares da súa catalogación municipal como edificio con protección estrutural de nivel III. A pesar da presión e interese por parte da concellalía de Patrimonio os donos están a facer oídos xordos co que parece a intención de deixar caer o edificio, esperemos que o concello tome medidas máis contundentes en aras da súa rehabilitación. ¿Como se pudo permitir adosar na traseira do edifico, ver fotos adxuntas, unha mole que anula parte das características do mesmo? Aínda estamos a tempo entre todos de evitar a súa destrucción total esixindo ao concello que utilice todas as armas legais ao seu alcance e suba a catolagión a proteción total.
NOTAS SOBRE ANTONIO DE MESA

Antonio de Mesa foi un arquitecto de orixe madriñelo que exerceu como arquitecto no primeiro terzo do século XX na cidade de A Coruña de onde foi arquitecto municipal. Foi unha importante figura na arquitectura coruñesa xunto con outros arquitectos modernistas como Julio Galán, Leoncio Bescansa ou Pedro Mariño que traballaron para a burguesía coruñesa a comezos do século XX. Entre as obras de Antonio de Mesa están a ampliación do edificio de La Terraza nos xardíns de Méndez Nuñez no ano 1919, a Fábrica de Tabacos no ano, e o edificio da Calle Real nº22 (en colaboración con Julio Galán). Ademáis tamén ten dous edificios no barrio de Os Castros, o nº150 e nº152 de General Sanjurjo. Ambos os dous edificios teñen un carácter totalmente modernista típico dos comezos do século XX onde abondan os elementos decorativos e carpinteria de madeira.