Vostede está aquí

PANTASMAS DE OZA GAITEIRA OS CASTROS

A ASOCIACIÓN VECIÑAL OZA GAITEIRA OS CASTROS CREARÁ UN ROTEIRO POR LUGARES DESAPARECIDOS DO BARRIO

O roteiro será o resultado dun obradoiro interxeneracional de audiovisual e memoria que celebra este nadal no Centro Cívico San Diego e que ten aberta a inscripción.

Atopar, investigar e describir as pantasmas do barrio creando un roteiro do legado desaparecido. Ese é o obxectivo dun obradoiro de audiovisual e memoria para rapaces organizado pola Asociación veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros para este nadal. Celebrarase no Centro Cívico de San Diego e está pensado para que os xóvenes participen na construcción dun relato colectivo sobre o barrio. No obradoiro documentaranse, farán entrevistas e grabarán vídeos e audios que pasarán a formar parte dun roteiro que estará online e tamén sinalizado nas rúas, co que descubrir lugares, persoaxes e acontecementos que quedaron na memoria colectiva.

O punto de partida deste proxecto é o mapa interactivo que o ano pasado realizaron no IES Monte das Moas e que sacou á luz o moito que queda por descubrir do barrio para os que vivimos nel.

No obradoiro poderán participar ata doce rapaces e rapazas de máis de catorce anos e contará co asesoramento de veciños que prestarán a súa axuda e memoria para contar a historia de lugares como a praia do Lazareto, o castelo de San Diego ou o corralón da Gaiteira. O obxectivo é implicar ós máis novos na historia do barrio e ensinarlles de paso a facer fotografía e vídeos, así como ferramentas para crear mapas interactivos online. Empregaremos cámaras de vídeo, foto e móbiles. O proxecto, realízase cunha axuda da Concellería de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña.

O prazo de inscripción no obradoiro está aberto.

  • DÍAS: Do 26 ó 29 de decembro
  • HORARIO: De 10 a 14 horas
  • LUGAR: Centro Cívico de San Diego
  • INSCRIPCIÓNS: Tlf. 637 55 89 79
  • ORGANIZA: AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros
  • COLABORA: Concello da Coruña