Vostede está aquí
OUTRA VEZ AS DESCARGAS
30/06/2014 - 22:35
  
OUTRA VEZ AS DESCARGAS
 
 Veciñas e  veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para  trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.
As chamadas da veciñanza  a esta Asociación Veciñal confirman o que os datos do medidor da  Autoridade Portuaria ten recollido, que o 30 de xuñovolveron  dispararse os niveis de contaminación por partículas PM10 no barrio,  chegando a alcanzar niveis de 100 ug/m3 cando o límite está fixado en 50  ug/m3.

Máis unha vez  comprobamos como as autoridades miran para outra parte, non lles importa  a saúde das veciñas e veciños do barrio e prefiren actuar como  cómplices dunha entidade que contamina e envelena o barrio. Esta é  realidade do barrio dos Castros: unha entidade que contamina e envelena e  unhas administracións que en lugar de defender a cidadanía defende os  intereses económicos da Autoridade Portuaria, poñéndoos por riba da  saúde dos veciños e veciñas.
O barrio e esta  asociación seguirá denunciando esta inxustiza unha e outra vez ate que  as administracións actúen como deben e cumpran coa súa función que é a  defensa da cidadanía e do dereito á saúde.