Vostede está aquí

Os veciños da Avenida dos Caidos reclaman un parque de xogos infantis

Dende a Asociación de Veciños de Oza Gaiteira Os Castros, apoiamos a reclamación dos veciños e veciñas da Avda. Dos Caídos que levan tempo solicitando un área de xogos pra os nenos e e neas. Dende aqui, instamos ao concello da Coruña a que habilite unha zona onde os rapaces e rapazas poidan xogar e os avós e pais estar ao abrigo do inverno, no seu momento presentaremos as oportunas alegacions pra que esta obra sexa presupostada dentro dos Orzamentos do ano que ven, a crise non pode ser unha excusa pra non atender as demendas dos cidadáns, moitas destas cousas resólvense con vontade política.