Vostede está aquí
O TROLE
Gostábame ir na escaleira dos de dous pisos e coleccionabamos os tacos dos billetes que eran de diferentes cores, ao chegar á Costa da Unión custáballes subir por riba dos adoquíns, e moitas veces saíanlle as ballestas dos cables e baixaba o cobrador cunhas lubas a recolocalos...
Foron tempos, érache moito ver circular estes "dandis" por aquelas rúas de terra cuns baches coma buracos negros que si caías neles aparecías na China, e eles todos chulos e crechos camiño dos Mallos, ou as Atochas ou de volta a Porta Real...
Eu miraba pra o sitio do cobrador e alucinaba pensando que levaba unha trompeta xigante detrás...santa inocencia!!!, espertóume meu pai dun lapote:"...tate quieto coño que iso abre as portas!!!", porque eu xa ía a probar de tocar alí nos pistóns pra ver que pasaba se apretabas. Logo na casa probaba a facer o mesmo pero coas pinzas da roupa da miña nai e nun jalponciño pequeno que nos facía de jaliñeiro na cidade, alí me sentaba eu cun cubo entre as pernas a xeito de bolante e as pinzas dispostas á miña veira, así inventei o que sería o 41,42 e 43 de anos posteriores, cargueime o posto de traballo do cobrador e jodéuselles o convenio colectivo, e eu ía apretando as pinzas que saían disparadas coma saltóns por riba do muro da azotea, saíron media ducia unha detras doutra, e en menos dun minuto tiña a meu pai dándome outro lapote por listo e porque unha das pinzas caéralle no chapeu, bueno e porque tiña ás pitas estresadas detrás miña como viaxeiras dun viaxe a ningunha parte nun trole pequecho e sen portas por onde saír.
saúde,
coné