Vostede está aquí

O NOSO BARRIO CONTA

A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará tres mesas de debate entre os candidatos/as á alcaldía da Coruña nos meses de marzo, abril e maio.

O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrarán, no Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversas Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.

O Obxectivo é procurar que cando candidatas e candidatos á alcaldía da Coruña visiten o barrio expoñan seus plans para os temas que son de interese para veciñas e veciños.

As conversas, que se celebrarán os días 9 de marzo, 6 de abril e 4 de maio, de 12,00 a 14 horas xirarán ao redor de: Recuperación de Espazos Urbanos para uso cidadá e protección de edificios históricos e senlleiros, Mar de Oza. Futuro da franxa litoral: de San Diego a As Xubias, Mobilidade e transporte e As drogas no barrio, unha vella e coñecida problemática.