Vostede está aquí

O NEGRO DO MONTIÑO E OS SEUS CONTOS...

...Este negro levaba un tempiño sen dar pistas do seu paradeiro, pois ben hoxe andiven pola Asociación de Veciños de Oza, de cando en ves déixome caer por alí e falo con Marga, ás veces escachamos coa risa. Como cambiaron os tempos amigo!!!.
Non hai moitos anos os nosos pais, e os pais dos nosos pais, prometeran protexernos de todo aquel elemento "humano, animal ou cousa" que viñera a facernos mal, e asi o fixeron perante moitos e moitos anos. Hoxendía aos meus netos non lle puiden facer esa promesa, porque non lles podo asegurar nin eu nin niguén que poden morrer pasado mañán por unha nube tóxica de peido de vaca australiana, como dicía un compañeiro...
O noso amigo xa, Lois Díaz Cabanela animounos a loitar por recuperar espazos limpos, que nós herdamos e que nalgún momento, sen saber moi ben cando nin porqué, perdemos estrepitosamente deixando paso a un futuro incerto, aínda que o meu vello sempre acodía á sabidoría luguesa pra indicar que :"...de algo hai que morrer ou?". Iso non quere dicir que haxa que resignarse, iso nunca, se cadra a pelexa e desproporcionada máis non imposibel... "veña hirmau, levanta e zúrralle coa esquerda..." dicíalle eu en Los Angeles a Cassius Clay fronte a Joe Frazier, foi no 71, e caeu coma un saco de patacas, perdeu unha loita máis esa noite collimos unha boa chea de wisqui de Kentuqui e xuroume que mudaría de relixión e de nome e asi o fixo, pasouse ao islam e a chamarse Muhamad Alí e xurou seguir pelexando até o derradeiro respingo, hai moitos anos que non sei dil, din que ten parquinson, eu penso que aínda ten preparado o brazo, coma o revolver co gatillo amartelado agardando o momento de disparo, e cando ese puño se dispare, bótate a tremer inimigo porque non haberá buraco pra agocharse, non señor