Vostede está aquí

O GRUPO DODÓ...

Practicamente ao comezo do verán, o Grupo Dodó, rapaces e rapazas novos que pretenden crear futuro recuperando a nosa memoria íntegra dos espazos nos que vivimos ou viviron os nosos maiores, fixeron unha serie de actividades nos e pra os barrios, tocoulle tamén por suposto ao noso de Oza e fixeron unha saída en barco percorrendo a ría e da que vos deixamos aqui o enlace pra que olledes e tomedes boa conta de quenes somos, quenes fumos e cara a onde queremos ir, vai sendo hora de que tomemos conciencia de barrio, dese xeito tamén poderemos tomar conciencia de que somos CONCELLO DE OZA.
En breves daremosvos conta dunha actividade parella a esta que vos comentamos e que pretendemos sacar adiante dende esta Asociación de Veciños, por suposto está aberta a suxestións de todos e todas vós, nesa nova incursión polos mares de Oza faríamos e faremos un recoñecemento dese patrimonio que pertenceu ao vello Concello de Oza e do pouco que lle queda, intentaremos contar con estes compañeiros de singladura e algún máis que nos ilustre sobre os nosos ancestros, mentres tanto
saúde e terra
Aqui vai http://www.grupododo.edicypages.com/accions/entre-o-movemento/