Vostede está aquí
O documental Bullfight de Iago Prado
07/02/2020 - 12:58
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar no Forum Metropolitano o luns 2 de marzo a partir das 19:30. horas, o documental Bullfight de Iago Prado sobre as corridas de touros.
A entrada para ver o documental é libre ata completar aforo .
Idade recomendable (+ 18 ) anos , non recomendable para persoas sensibles
Bullfight
Bullfight é o título da película documental de Iago Prada, onde sete cámaras de cine e dez micrófonos ultra direccionales seguen en todo momento ao animal, nunha dos 1.356 festejos taurinos que se celebraron o ano pasado en España.
Estas imaxes e sons tan explícitos e inéditos están acompañadas en todo momento dos comentarios do veterinario Enrique Zaldívar (Presidente de AVATMA ? Asociación de Veterinarios Abolicionistas da Tauromaquia e do Maltrato animal), quen narra - sempre desde un punto de vista clínico, científico e obxectivo- todo o que lle ocorre ao touro desde que entra na praza ata que sae arrastrado polas mulas.