Vostede está aquí

NOTA ENVIADA A PRENSA

A Asociación de Veciños “OZA, Gaiteira-Os Castros”, con motivo das declaracións feitas nestas datas por diversos responsábeis da Xunta de Galiza, Autoridade Portuaria da Corunha e Concello da Corunha, fai a seguinte declaración pública:

  1. Esta Asociación leva dende o ano 1975, loitando por valeirar os peiraos do Porto da Coruña das descargas de mercadurías perigosas e contaminantes; e a conseguinte construccíon dun porto exterior con peiraos de descarga con circuitos pechados puros.

    Maís nunca preconizou a faraónica obra que están a facer os davanditos responsábeis. O coste final do P.E. superará os mil millóns de euros.

  1. Esta Asociación sempre considerou o porto exterior como unha obra necesaria para o desenvolvemento e a riqueza da nosa cidade e Galiza; polo tanto sempre exiseu unha financión pública do mesmo, a cargo das tres Administracións, máis os seus usuarios e a Comunidade Europea.

    Polo tanto denunciamos as intencións de facer recaer os costes sociais e económicos sobre os veciños do barrio e da Cidade; denunciamos que detrás de todo este “tinglado” de declaracións políticas e números, ocultase simplesmente un urbanismo de carácter especulativo. O único que se pretende é facer vivendas de luxo (un 60 % mínimo, centros comerciais, etc.) e privar os veciños duns terreos públicos.

  1. Esta Asociación segue a reivindicar a compatibilización de usos compartidos no espazo portuario: cidadáns, comerciais e industrias de baixo impacto, e

    Propón como alternativa:

  1. Posta en marcha dunha estación intermodal urbán e de cercanías en San Diego, como centro do “Metro Lixeiro”.

  2. Continuidade do paseo marítimo e miradoiros.

  3. Carril bici e unha estación/ taller de bicis.

  4. Facer a entrada a Cidade dende Casablanca pola estrada do porto (que fai xa anos o propusemos), e convertir a Avenida do Exército nun bulevar, ou “corredor verde”.

  5. Creación dunha Estación Marítima que comunique a Cidade con os concellos limítrofes.

  6. Construcción dun Museo de Actividades Pesqueiras e Marítimas, do cal está tan necesitada a Cidade.

  7. Creación dunha escola municipal de vela e actividades deportivas entre os peiraos “Centenario” e “San Diego”.

  8. Comunicar adecuadamente o Parque Europa, de San Diego e a Praia de Oza; facendo un parque que abra a Cidade ó mar e a relacione amablemente a liña de mar co noso Barrio.

  9. Ampliación da Praia de Oza, dotándoa de servizos modernos e adecuados, así como de transporte urbán.

Na Cidade da Coruña 17 de Xullo de 2009.

Asdo./ Margarida Santiago Urbano.

Presidenta.