Vostede está aquí

Nota de prensa

As queixas da veciñanza sobre as descargas confírmanse cos datos dos medidores da Autoridade Portuaria.
Veciñas e veciños do barrio volven queixarse das descargas no porto. Tantos anos loitando contra a contaminación ambiental e vemos como de novo se fan as descargas sen tomar as medidas preventivas mínimas, volvemos ver os camións saíndo sen cubrir a súa carga, temos imaxes de camións de xofre saíndo coa carga ao descuberto, e seguimos a comprobar como as administracións son cómplices ao non querer ver o que a veciñanza padece a diario.
Os propios medidores da Autoridade Portuaria confirman que se superan os niveis de 50 microgramos/m3 nas partículas PM10 tal e como se pode ver na imaxe que axuntamos ao texto. Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros temos que denunciar de novo esta situación, farémolo cantas veces sexa preciso ata que as administracións cumpran co seu cometido e a Autoridade Portuaria deixe de poñer os beneficios económicos por riba da saúde das persoas.