Vostede está aquí

NOTA DE PRENSA

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros quere facer público o malestar de moitos veciños e veciñas polo lixo amoreado que inunda estes días as rúas do barrio, lixo que provoca cheiros e problemas de hixiene.
Tamén queremos mostrar o noso apoio e solidariedade cos traballadores de Albada, parécenos inaceptable que nesta profunda crise económica e social que padecemos algunhas empresas pretendan incrementar os seus beneficios a costa de recortarlle dereitos e salarios aos traballadores.
Os veciños e veciñas do barrio queremos que as rúas se manteñan limpas e se recolla o lixo pois é un servizo polo que pagamos, o Concello non pode mirar cara outro lado e debe implicarse neste problema esixindo da empresa unha solución negociada cos traballadores. Non pode permitirse que a empresa pretenda gañar máis a costa de destruír emprego pola vía dos despedimentos e de recortarlle aos traballadores, incumprindo o convenio que teñen en vigor.