Vostede está aquí
NOTA DE PRENSA
21/10/2013 - 22:33
  Eliminación de barreiras arquitectónicas
Dende  a AAVV Oza Gaiteira Os Castros , queremos denunciar unha serie de  deficiencias, en materia de mobilidade e accesibilidade para persoa con  mobilidade reducida.
Tal  e como temos denunciado en moitas ocasións, no noso Barrio hai  numerosas rúa con barreiras arquitectónicas polo que temos solicitamos  ao concello e eliminación de ditas deficiencias e o cumprimento da lei  de accesibilidade da comunidade Autónoma de Galiza :
A  accesibilidade enténdese, segundo o artigo 3.a. de Le 8/1997 do 20 de  Agosto de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma  de Galicia, como "aquelas características do urbanismo, da edificación,  do transporte e dos medios e sistemas de comunicación que lle permiten a  calquera persoa a súa utilización e desfrute de modo autónomo, con  independencia da súa condición física, psíquica ou sensorial".
No noso barrio temos exemplos claros distas barreiras :
·         Na  rúa Pintor Villar Chao nos números  10, 12 e 13 onde hai veciños e  veciñas con problemas para poder acceder a súa vivenda pois teñen que  salvar escaleiras.
·         Na rúa Laureano Mediante as escaleiras que dan a rúa da Merce.
·         Nas Galerías comerciais que van dende a Avenida de Oza a rúa da Merce.
·         Na  avenida dos Caídos a pendente e tan elevada que as persoas con  mobilidade reducida teñen problemas para acceder a servizos públicos  como o Centro de Saúde, a escola infantil ou Correos.
Xa  nos temos solicitado unha reunión co alcade da Coruña para falar de  esta cuestión e que incluia dentro do plan de mobilidade a instale  elementos que permitan salvar estas barreiras, con solucións que se  están a habilitar noutros barrios da cidade. Unha vez máis vemos como as  persoas do noso barrio somos discriminadas  pois non podemos contar con solucións urbanísticas que a outros barrios  se lles están a instalar. É por iso que esiximos a eliminación das  barreiras que, dende hai moito tempo, estamos a denunciar.
  