Vostede está aquí

A NOSA ASOCIACION CONVIDA AOS VECIÑOS DO BAIRRO A PARTICIPAR


ENTRE O MOVEMENTO

venres 18 de xuño,

_a partir das 16.00
recuperación de espazo público nos antiguos astilleros Valiña (a carón da escola de vela de Oza)

_ás 18.30 paseo en barco, quedada nos antigos astilleros Valiña

[aforo limitado, prégase confirmación, dodogrupo@gmail.com]

Hoxe en día, A Coruña atópase nun proceso de transformación dos seus espacios portuarios.

Un concello cunha liña de costa que pasou dos 37.30km no seu estado natural, aos actuais 51.47km

dos que case un 40% correspóndense co porto. Actualmente, a construcción dun porto exterior de

140 hectareas, nega calqueira relación co seu espazo máis inmediato e coa cidade.

Á marxe deste debate, nos surxe a pregunta de cal debe ser o modelo escollido para a recuperación dos

espazos portuarios e os bordes marítimos da cidade, que gradualmente iranse trasladando. Buscamos unha

maneira de entender o territorio que responda a un modelo que teña máis que ver co proxecto de cidade e non

tanto cunha oportunidade exclusiva de negocio, que apenas busca a transformación dos centros urbáns en

parques temáticos adicados ao ocio e ao consumo. Un desenvolvemento onde sexa clave tomar conciencia

do soporte no que nos atopamos, a riqueza dunha ría ameazada por una fórmula de crecemento onde

non se lle prestou a atención necesaria.

Centraremos a nosa análise no ámbito das Xubias, un dos poucos espazos que actualmente seguen mantendo

una íntima relación co mar. Moitas das circunstancias que rodean este espazo tan singular son o reflexo do que

aconteceu e do que está a acontecer na nosa cidade, no contacto co seu borde marítimo. Oportunidades para

aprender e comprender un espazo que nos segue a sorprender e que pode ofrecernos estratexias e pautas de

intervención na cidade actual, máis acordes cun modelo de cidade contemporánea e con identidade propia.

Para iso, propoñemos a reutilización dos antiguos astilleiros Valiña como espacio lúdico en contacto co mar,

simbolizando como é posible revertir antigas instalación industriais privadas para novos usos de carácter público.

Tras ver este exemplo, faremos un roteiro marítimo no que percorreremos parte da liña de costa da ría da Coruña,
descubrindo a través da análise da zona das Xubias o distinto carácter dos espazos en contacto co mar.
Esta situación pretende ser unha oportunidade para compartir opinión e experiencias vinculadas a este entorno.

Grupo DoDó.