Vostede está aquí

A NOSA ASOCIACIÓN INSTA AO CONCELLO QUE SOLUCIONE AS DIFILCUTADE DE ABASTECEMENTO DE AUGA

Que tendo coñecemento de que nunha boa parte do barrio hai dificultades de abastecemento de auga, debido a pouca presión existente que impide a chegada desta aos pisos máis altos e tamén a que as conduccións deste abastecemento na súa maioría están obsoletas, causa pola cal estamos a vivir cortes, saída de terra polas billas, rachaduras consecutivas como a sofrida na Gaiteira o ano pasado, asi como denuncias de diversas comunidades de propietarios que están a padecer este problema.

Esiximos desa empresa municipal que atenda as queixas dos seus clientes, por que teñen esa condición de cliente xa que pagan relixiosamente os recibos que lle xira a empresa.

Estes clientes dende que mercaron as súas vivendas están a sofrir un prexuízo constante en comparanza con outros veciños e veciñas, tamén clientes desa empresa, que teñen a presión e o caudal de auga idoneos, creando deste xeito a dita empresa clientes de 1ª , de 2ª e xa directamente clientes que pagan por “goteo” como o rego das plantas, pensamos que isto é unha estafa encuberta que debe de ter fin. Coñecemos de veciños que se teñen que duchar na casa doutro veciño ou mesmo no traballo, pra que lles pagamos pois?. Onde van os nosos cartos dos impostos que vostedes cobran neses recibos? Están cobrando vostedes correctamente eses impostos?

Instamos ás autoridades municipais pra que remate coa cicatería desta empresa municipal que co maior dos cinismos impón aos seus clientes por “goteo” poñer unha motobomba nos tellados pra, supostamente, dubidosamente, surtir de auga aos pisos máis altos, íso si, pagándoa os propios veciños e supervisando as obras EMALCSA.