Vostede está aquí
Noso Blogue
A asociación veciñal organiza unha exposición de Pintura e Fotógrafia e Mostra do Taller de Coiro denominada A Catro mans enmarcada dentro das actividades de dinamización do barrio que está a levar a cabo a asociación. Dita exposición a cargo da pintora Irene Parga Todoroff, a fotógrafa Susana Lebón Rivas e os alumnos /as do Taller de Coiro . A exposición sera no Forum Metropolitano do 9 ó 15 de xuño
Pantasmas de Oza é un proxecto da Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros para implicar á veciñanza na construcción do relato histórico do barrio arredor da antiga parroquia de Oza. O obxetivo é crear un Arquivo da Memoria con fotografías , documentos e testemuñas que recollemos nas Festas da Memoria.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai facer a presentación aberta á veciñanza do proxecto Pantasmas de Oza, Explicaremos o plan do mes de xuño, no que celebraremos tres festas da memoria e o roteiro creado polo patrimonio desaparecido da antiga parroquia de Oza.
Biblioteca do Forum A Coruña
Sábado 27 as 12.30 h
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



