Vostede está aquí

Memorial de Camposancos.

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental : Memorial de Camposancos.

No Forum Metropolitano, o día 7 de marzo   de 2022 ás 19:00.

Para acceder á proxección será necesario inscribirse previamente en ozagaiteiraoscastros2@gmail.com

 
Sinopse: Camposancos era un antigo colexio de xesuítas situado na Garda (A Guarda), no Baixo Miño, Provincia de Pontevedra (Galicia), fundado a finais do século XIX. Cara a 1937, foi en parte expropiado pola ditadura franquista para utilizalo como centro de reclusión de prisioneiros do bando republicano (na súa maioría asturianos). No seu dobre rol de campo de concetración e centro educativo, Camposancos recibiu a preto de 3000 presos políticos, dos cales moitos morreron por execucións sumarias, enfermidades e fame. A película aborda esta historia para partir do testemuño de ex presos e veciños da Garda.
 
 

Requisitos:

Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles con COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.

Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto, realizándose o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.

En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:

· Usar máscara de forma obrigatoria

· Prestar atención e cumprir coa información da cartelería e das persoas responsables da seguridade.

· Prestar atención e respectar a sinalización en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, quenda de espera, etc.

· Aplicación de solución Boas hidroalcohólica en mans ao entrar e ao saír do recinto e dos baños.

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe estar inscripto

- Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.

Actuar con responsabilidade.