Vostede está aquí
Mediana de Avenida de OZA
24/05/2012 - 09:56
  Dende  a AAVV Oza Gaiteira Os Castros, observando con preocupación como se  volve falar da posibilidade de eliminar a mediana da Avenida de Oza e  queremos expresar o seguinte:
·         Moitos  veciños e veciñas ven a obra como un auténtico despilfarro, non  entenden que coa que está caendo, con recortes que afectan gravemente á  calidade de vida das persoas, se poidan dilapidar cartos desa maneira.  Así quedou tamén de manifesto nunha enquisa dun medio de comunicación  desta cidade.
·         Non  semella crible a escusa da seguridade. Dende esta AAVV xa expresamos  que se existe un informe detallado dos problemas de seguridade que se  faga público, que se estuden os problemas puntuais portal a portal pois  de seguro que hai moitas outras posibilidades antes que retirar toda a  mediana.
·         Os  problemas puntuais que poden aparecer deben ser solucionados un a un,  co menor gasto posible. Dese xeito, para mellorar o tráfico nas paradas  dos buses, pódese mover ou retranquear as paradas para que o resto dos vehículos poidan  esquivar o bus cando está parado, sen ter que desfacer toda a obra.
·         Non  entendemos que os problemas se dean exclusivamente na Avenida de Oza,  pois en moitos outros puntos da cidade tampouco pode acceder o camión  máis grande dos bombeiros. En calquera caso haberá que adaptar as  medidas de seguridade á cidade e non ao revés.
·         Para  a inmensa maioría dos veciños e veciñas, a reforma da Avenida de Oza  mellorou moito o entorno, con beirarrúas máis anchas e un corredor verde  que humaniza toda a zona, revitalizando o barrio e o comercio local,  mellorando a calidade de vida da veciñanza.
En  calquera caso e como xe temos expresado en anteriores ocasións, o que  cómpre e contar coa opinión dos veciños e veciñas, cos colectivos e  entidades do barrio e non facer as cousas sen contar con ninguén e en  contra da opinión da maioría.
