Vostede está aquí

Manifesto pola mellora da calidade do aire no noso barrio

  

 Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros dirixímonos a colectivos e entidades do barrio para buscar apoios ao "Manifesto pola mellora da calidade do aire" do noso barrio. Na medida das nosas posibilidades  intentaremos contactar persoalmente con todas vos para recoller a sinatura.

Manifesto pola mellora da calidade do aire no noso barrio
 
Os colectivos e entidades que asinamos este manifesto esiximos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.
A calidade do aire é fundamental para a nosa vida, a contaminación por
partículas, ocasionadas polas descargas de carbón e outros graneis sólidos,
afectan moi gravemente á saúde da veciñanza, especialmente das crianzas, das persoas maiores e daquelas que padecen alerxias ou enfermidades
respiratorias.
Esiximos que a actividade industrial do porto se faga tomando todas as
medidas de prevención que sexan necesarias para non emitir partículas ao
aire, esiximos que as administracións se impliquen neste grave problema,
que vixíen e actúen para evitar que se inunde o barrio de contaminación
cada pouco tempo como acontece agora.