Vostede está aquí
MANIFESTACIÓN PREFERENTES
16/09/2012 - 20:35
  Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros  mostramos a nosa   solidariedade co colectivo de xente que se viron envoltos no asunto das   xa famosas "preferentes" sen esquecer outras chanchulladas feitas polos   mesmos causantes, nomeadamente os seguros de cobertura dos tipos de  xuro  nas hipotecas. Sabemos que hai veciños e veciñas do noso barrio  tamén  afectados polo que con maior motivo facemos un chamamento masivo a   participar na manifestación convocada pola plataforma.
A manifestación será en Santiago co lema contra a estafa e a expropiación o dia 22 de setembro as 13:30 na Alameda de Compostela
