Vostede está aquí

Máis queixas sobre a reforma da rúa da Gaiteira

Máis queixas sobre a reforma da rúa da Gaiteira
Estes días veciños e comerciantes téñennos expresado as súas queixas pola iluminación tan deficiente que se instalou na rúa da Gaiteira, unha rúa comercial que precisa dunha iluminación suficiente para manter e fomentar o comercio local. As luminarias instaladas non aportan luz suficiente a pesar de que algunhas custaron máis de 9000 euros.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa temos criticado o dispendio que supón esta reforma pois retirouse mobiliario urbano en bo estado para dilapidar centos de miles de euros en mobiliario novo.
É moi comentado polo barrio o caso da fonte que había na metade da rúa, unha fonte que estaba en bo estado e que acaía perfectamente nunha rúa peonil coma esta, o caso é que se retirou e agora instalouse unha moito máis pequena que nada ten a ver coa que había antes. Neste caso, coma no do alumeado, despois de gastar tantos cartos estamos peor que antes.