Vostede está aquí
Leiras Urbanas
21/06/2012 - 17:58
  Neste época de crise  económica e social, con recortes que afectan claramente á nosa calidade de vida,  fanse máis necesarios que nunca proxectos para a recuperación do espazo urbano,  para mellorar a convivencia e para tecer redes sociais de resistencia e  colaboración.
As leiras urbanas son instrumentos que responden a estes requirimentos, axudan no peche dos ciclos do metabolismo
As hortas de ocio ou  leiras urbanas son parcelas para o cultivo, en terreos das administracións  ou cedidos por particulares, xestionados na maioría dos casos polo mesmos  concellos ou colectivos de cidadáns, mediante a cesión temporal para o seu  uso.
Permiten a recuperación de espazos urbanos, a educación ambiental e a creación de espazos de socialización. En moitos casos están destinados a un
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros instamos ao Concello a poñer en marcha proxectos destas características, polos enormes beneficios que aportan aos barrios onde se instalan. No noso barrio temos varias zonas que se poden aproveitar para este uso. Son medidas que precisan pouco orzamento e conseguen un gran beneficio para o barrio e a cidade, son proxectos que acaen perfectamente para a época que estamos a vivir.
