Vostede está aquí
Isabel Zendal Gómez : Historia de unha enfermeira
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.
A través do proxecto, que alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible 5 e 11, estamos a desenvolver numerosas actividades. Entre elas os Obradoiros Saber + en colaboración con UDCiencia d+i da Universidade da Coruña coordinado por Ana G. Tizón, profesora da UDC e Xenetista experta en Mutaxénese.
O luns 28 de novembro as 19 horas na biblioteca do Forum temos a terceira charla do programa:
Isabel Zendal Gómez: unha galega ao servizo da humanidade. Charla a cargo de Ana M. González Tizón. Profesora de Xenética da UDC e divulgadora científica.
Isabel Zendal foi a primeira enfermeira da historia nunha misión internacional de saúde pública, encargouse do labor máis imprescindible na Real Expedición Filantrópica da Vacina. Unha viaxe de catro anos cun final de consecuencias inimaxinables.