Vostede está aquí

Intimidade de Jacinto Ruiz

O vindeiro venres 1 de abril no vestíbulo do Forum Metropolitano, o pintor, xornalista e escritor Jacinto Ruiz inaugura, ás 19.30 horas, a exposición "Intimidade"

O vindeiro venres 1 de abril no vestíbulo do Forum Metropolitano, o pintor, xornalista e escritor Jacinto Ruiz inaugura, ás 19.30 horas, a exposición "Intimidade". O evento forma parte das actividades organizadas pola a AAVV Oza, Gaiteira,   Os Castros para promocionar a cultura pictórica, musical, a danza, o teatro, a literatura e a divulgacióm científica. A traxectoria de Jacinto é coherente coa súa propia obra literaria e xornalística. Nas primeiras exposicións podíanse ver bustos nun taller de pintura, probablemente o de Gosia Trebacz, unha artista con forte influencia nas primeiras obras de Ruiz Valentín, elementos cotiáns como trípodes, focos, bombonas de butano, máquinas de escribir.

Na súa segunda etapa, o artista, nun diálogo con outras formas de arte, aproxímase á música, un fío condutor permanente na súa forma de narrar e de poñer en contexto as súas obras. Nesa ocasión dedica unha serie a instrumentos de corda e vento tratados dunha forma expresionista, coma se as pinceladas fosen dadas ao ritmo da música.

A penúltima exposición, preámbulo desta, antes da pandemia, foi un exercicio de volta ao neoclasicismo, pero coa plasticidade e a pincelada solta do impresionismo, en “Tocan Elas” a muller é a protagonista absoluta. As figuras femininas desta pequena exposición, a primeira que presenta o artista tras a pandemia, e que polo reducido do espazo, non conta con todas as pezas que confroman o corpus do seu novo traballo, que se compón en realidade de mais de 30 debuxos de pequeno formato son expresivas, luminosas. Son mulleres na intimidade do seu dormitorio, nun baño, fronte a un espello, nun vestidor, son elas e só para elas.