Vostede está aquí

Foliada dás científicas Galegas na biblioteca do Forum na Coruña.

 
O 11 de febreiro, con motivo do día de “A Muller e A Nena na Ciencia” o programa de radio “A Ciencia é Feminino” de cuacfm realizarase na biblioteca do Forum Metropolitano da Coruña.
 
Máis dunha decena de científicas, enxeñeiras, químicas, biólogas, médicas, farmacéuticas, informáticas e matemáticas serán entrevistadas para o programa para mostrar a nenas e nenos en que consiste o seu traballo diario e servir de inspiración para as futuras xeracións.
Desde as 16.00 horas todos aqueles que queiran presenciar como se fai o programa poden achegarse á biblioteca do Fórum. O Programa terminará ás 18.00 horas pero aínda quedarán moitas das científicas para responder as preguntas que se xeren entre as e os asistentes .
Na biblioteca, a súa directora, Mery Conchado Mery, que lle gustaría facer unha pequena intervención no programa para falar dunha sección de ciencia que temos na biblioteca e tamén relacionado co día en cuestión. . Tamén a enxeñeira de fluídos Acacia Naves mostraranos como calcular a profundidade dun pozo mediante o son.
Vanesa Valdeiglesias e Branca Laffon contarannos sobre nanotecnoloxía e falarannos sobre os principais contaminantes aos que estamos expostos.
Cristina Naya xogará coa lóxica e os números e ensinaranos como as matemáticas poden ser moi divertidas
Tamén Andrea Fernández, experta en educación, falará de motivación e de vocacións
Como en toda “ foliada” haberá música en directo na que participará algun compoñentes do grupo Xebre da AAVV Oza- Gaiteira-Os Castros e a pandereteira e científica Lara Crespo. A actividade é aberta ao público coas limitacións que esixen as normas COVID-19.