Vostede está aquí
Exposición Fotografica Isabel Fernandez
Isabel Fernandez é diplomada en imaxe e son e especialista en comunicación e RRPP. Esta exposición xorde do seu traballo realizado no taller de fotografía impartido pola tamén fotógrafa Diana Fajardo.
A mostra, titulada, Nas marxes ofrece unha mirada única sobre a contorna. Fotos de detalle, imaxes con outro encadre. En todas elas aparece como nexo en común a súa asombrosa capacidade para resaltar a beleza nos lugares e as cousas máis correntes. Fernandez é capaz de converter en arte o imperceptible.
Esta é a súa primeira exposición e a oportunidade que estaba buscando para iniciarse no circuíto da arte.
A Asociación, con esta primeira exposición dunha artista novel, busca darlles unha oportunidade aos artistas emerxentes, neste caso, a fotógrafa, tamén vivía "nas marxes" do circuíto expositivo. Agora, grazas á Asociación veciñal Oza Gaiteira-Os Castros, adquire visibilidad a súa mirada particular.