Vostede está aquí
A ESPECULACIÓN INMOBILIARIA AMEAZA UN EDIFICIO MODERNISTA NA AVENIDA DE GENERAL SANJURJO
A Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros denuncia a pasividade das autoridades ante o incumplimento da propietaria do inmoble, a empresa constructora CINUR, aos requirimentos do Área de Urbanismo
O pasado mes de xuño, ante as queixas de numerosos veciños do barrio de Os Castros que veñen observando dende fai anos, pero en especial nos últimos meses, o deterioro dun edificio singular da Avenida de General Sanjurjo, un representante da Asociación de Veciños Oza-Gaiteira-Os Castros persouse na sección de Ruinas da Concellería de Urbanismo do Concello de A Coruña para informarse sobre o estado real do inmoble sito no nº 152 da devandita avenida.
O edificio é unha construcción de estilo modernista que consta como protexido no Plan Xeral de Ordenación Municipal. O proceso de deterioro do inmoble, según consta na documentación que lle proporcionou o Concello ao representante veciñal, deu comezo no ano 2001, data do primeiro informe dos técnicos municipais sobre as deficiencias da conservación do edificio, pero é a partir da adquisición do devandito inmoble e da finca adxacente, onde se está a levar a cabo a construcción do edificio Langosteira, por parte da empresa CINUR CONSULTORES URBANÍSTICOS E INMOBILIARIOS, cando a situación de abandono se fai máis evidente.
Segundo despréndese do expediente municipal, xa no ano 2006 os técnicos do Concello emitiron un informe sobre a situación de deterioro do edificio, no que se poñía de manifesto a existencia de humidades, desprendimentos dalgunhas zonas do teito e a entrada de auga en diferentes partes do inmoble. Nada que non se puidera ter subsanado naquel momento. A empresa comprometeríase a arranxar estes desperfectos, e no ano 2007, ou sexa, un ano máis tarde, tempo suficente para que a situación do edificio empeorase, o Concello fai constar que CINUR xamáis chegou a solicitar a licencia para rehabilitar o inmoble e que polo tanto, non arreglou os desperfectos. A partir de entón, sucédense de xeito reiterativo os informes municipais e os expedientes de deficiencias coas correspondentes advertencias a CINUR de que, no caso de non realizar os traballos de rehabilitación, lle sería imposta á empresa a multa correspondente. Nun informe posterior do ano 2009 consta que a empresa limitouse a apuntalar determinadas partes do edificio, o que a todas luces non constitúe unha rehabilitación e que, ademáis, demoliu unha parte do edificio protexido e a consecuencia disto, practicáronse ocos no inmoble.
A todo isto compre engadir a difícil situación que viviu a inquilina do baixo, propietaria da tenda de modas Isabel Alta Costura, situada nos baixos do edificio protexido, quen denunciaría a CINUR pola demolición ilegal de parte do mesmo así como pola contínua entrada de auga no seu local. Desta situación faríase eco o Valedor do Pobo, persoándose como parte interesada e instando ao Concello xa no ano 2008 a que se procedese a aprobar a orde de execución das obras de manteñemento e conservación que a día de hoxe aínda son viables técnica e económicamente.
O certo é que agora, no 2010, un ano antes das eleccións e coa avenida en pleno proceso de transformación, unha constructora solicita a declaración de ruina económica, que non física, para demoler finalmente unha parte do patrimonio e historia de todos os coruñeses.