Vostede está aquí
ESCRITO A PRENSA
26/01/2012 - 23:16
  A  Asociación de veciños e veciñas  Oza  Gaiteira  Os Castros,  en referencia á chapuza que se ten  feito na rúa peonil da Gaiteira mais tamén a diferentes declaracións e  informacións que teñen aparecido posteriormente nos medios de  comunicación, quere deixar constancia do seguinte:
  ·         Xa  temos expresado a nosa opinión ao respecto da chapuza realizada, é  inaceptable que unha rúa que valoriza e recupera unha zona do noso  barrio sexa parcheada con chapapote como se fose unha pista calquera. 
·         Non  valen escusas de que se trata dun arranxo provisional, hai anos que se  fixo o mesmo e seguimos igual. Este goberno municipal criticou esa  actuación daquela dicindo que se faría un arranxo integral, non se pode  enganar á cidadanía deste xeito.
  ·         A  esta AAVV non se nos ten dado ningunha información sobre este asunto,  non se pode dicir que esta cuestión está sendo tratada cos colectivos  veciñais porque non é certo, cando menos no noso caso. 
·         O  que cómpre é facer o arranxo integral da rúa, arranxando o pavimento na  súa totalidade así como a rede de sumidoiros e conducións soterradas. É  unha esixencia de toda a veciñanza que debe ser escoitada e asumida.
  ·         Esa  actuación debe formar parte dun plan integral para todo o barrio que  mellore a calidade de vida dos veciños e veciñas , así llo temos expresado por  escrito ao Concello. Debe actuarse mellorando o transporte público,  rexenerando e recuperando zonas do litoral e actuando tamén en puntos  concretos onde temos demandado parques infantís ou zonas de lecer. Hai  moitas cousas por facer, a chapuza da Gaiteira é un mal comezo.