Vostede está aquí

ESCRITO A PRENSA

A Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros, en referencia á chapuza que se ten feito na rúa peonil da Gaiteira mais tamén a diferentes declaracións e informacións que teñen aparecido posteriormente nos medios de comunicación, quere deixar constancia do seguinte:

· Xa temos expresado a nosa opinión ao respecto da chapuza realizada, é inaceptable que unha rúa que valoriza e recupera unha zona do noso barrio sexa parcheada con chapapote como se fose unha pista calquera.
· Non valen escusas de que se trata dun arranxo provisional, hai anos que se fixo o mesmo e seguimos igual. Este goberno municipal criticou esa actuación daquela dicindo que se faría un arranxo integral, non se pode enganar á cidadanía deste xeito.
· A esta AAVV non se nos ten dado ningunha información sobre este asunto, non se pode dicir que esta cuestión está sendo tratada cos colectivos veciñais porque non é certo, cando menos no noso caso.
· O que cómpre é facer o arranxo integral da rúa, arranxando o pavimento na súa totalidade así como a rede de sumidoiros e conducións soterradas. É unha esixencia de toda a veciñanza que debe ser escoitada e asumida.

· Esa actuación debe formar parte dun plan integral para todo o barrio que mellore a calidade de vida dos veciños e veciñas , así llo temos expresado por escrito ao Concello. Debe actuarse mellorando o transporte público, rexenerando e recuperando zonas do litoral e actuando tamén en puntos concretos onde temos demandado parques infantís ou zonas de lecer. Hai moitas cousas por facer, a chapuza da Gaiteira é un mal comezo.