Vostede está aquí
ESCRITO A CONCELLALIA DE INFRAESTRUCTURA DO CONCELLO DA CORUÑA
Grande parte das comunidades de veciños da rúa del Poeta
Trillo   Figueroa  pedíronnos    o  noso   apoio  para   solicitar  a
peatonalización da rúa. A A.VV. de Oza-Gaiteira-Os Castros apoia firmemente a estes
veciños xa que consideramos un acerto a súa proposta.
     A rúa Poeta Trillo Figueroa é unha rúa en baixada que
comeza na Ronda de Outeiro e remata sen saída na Gaiteira, rúa
que como xa sabe leva peatonalizada desde hai algúns anos. Deste
xeito non ten sentido que a rúa sea utiliza por outros vehículos
que non sexan os dos veciños que viven nela e que necesitan
entrar ás súas vivendas. Ademáis, a Gaiteira, xustamente nese
tramo que intersecta coa devandita rúa, é un punto de xogo para
moitos rapaces que están alí dándolle patadas ao balón polo que
os veciños comentan acertadamente a preocupación de que nalgún
momento poida suceder calquera desgraza por culpa dun balón que
escapou.
     A proposta dos veciños considera a peatonalización da rúa
coas  mesmas  losetas   que  están  na   Gaiteira  para  crear  desta
maneira unha continuidade entre ambas rúas. O tráfico estaría
reducido aos coches dos veciños para que poidan entrar aos seus
garaxes e para as ambulancias e outros vehículos que en caso de
emerxencia necesiten usar a rúa.
     Ademáis será necesario de dotar á rúa con elementos urbanos
que a fagan máis funcional e esteticamente atractiva. As árbores
e farolas altas non son a mellor solución xa que restrinxen a
entrada   de luz  e  ar   no  interior   das  vivendas  ao  cegar  ás
fiestras, por esta razón, os veciños consideran que a mellor
solución son apliques baixos que iluminen directamente ao chan
ou luminarias emplotradas no chan que fagan a mesma función.
Tamén é necesario introducir vexetación pero sempre tendo en
conta que non interrumpa ou dificulte a circulación. Finalmente,
os  veciños  piden   de  por  contenedores  selectivos  de  lixo
soterrados como xa se ven facendo en moitas outras rúas da
cidad, estes son estéticamente máis atractivos, son máis fáciles
de usar, son máis limpos que os convencionais e ocupan menos
espazo na vía pública.