Vostede está aquí

Escrito ao Concello polo pavimento da Gaiteira

DENUNCIA:

Debido ás continuas queixas dos veciños e veciñas polos accidentes sufridos polos peóns debido ao lamentable estado do pavimento

Instamos ao concello:

Á instalación de pavimento novo en todalas zonas afectadas do barrio nomeadamente na rúa da Gaiteira, para asi evitar mais accidentes. En diferentes ocasións esta Asociación xa denunciou a pasividade da administración local en materia de infraestructuras no barrio sin nin siquera contestación por parte do concello, pois ben xa ocurríu un accidente con lesións na Gaiteira, cantos máis han de pasar ate que o alcalde faga caso dos seus vecinos e veciñas.