Vostede está aquí

Documentário: Alpuxarras

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário:

Alpuxarras (2015) do  director Rafael Toba o día 2 de setembro de 19:30 hs. no Forum Metropolitano  e posterior coloquio cos  veciños e veciñas .

Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

Alpuxarras narra a conquista musulmá da Península Ibérica e a posterior reconquista cristiá, ata a expulsión dos moriscos no século XVII. Centrándose na presenza musulmá en Galicia e na colonización forzosa das Alpujarras por galegos, expóñense as similitudes entre tradicións comúns, hoxe case esquecidas.

Na documentación do documental e na investigación previa para a realización do mesmo participaron investigadores de renombre como:

D, CARLOS ANDRES GONZALEZ PAZ, Instituto de Estudos Galegos «Pai Sarmiento» (CSIC-Xunta de Galicia) autor do artigo: Sarracenos, mouros, mudéjares e moriscos na Galicia medieval CEG 117(2004), pp. 281-312

DRA. D. ANA MARÍA CARBALLEIRA , autora entre outros artigos sobre a presenza islámica do libro Galicia e os galegos nas fontes árabes , CSIC, 2007