Vostede está aquí
DENUNCIA PUBLICA DE VERTIDOS CONTAMINANTES E OS SEUS EFECTOS
A Asociación de Veciños “Oza, Gaiteira-Os Castros”, quere denunciar publicamente ante os reiterados vertidos, xa non só de augas fecais, residuos industriais e sanitarios, senón tamén os que proveñen das embarcacións a motor de todo tipo. Eses vertidos líquidos considerámoslos altamente contaminantes pola súa composición, xa que levan consigo metais pesados.
Os efectos destes vertidos líquidos nun primeiro intre afectan a zona intermareal, aí faise visíbel, e na superficie do mar crea unha película con efectos destructivos do plancton. Pero iso que é o mais visibel, por elo, non é o mais preocupante, inda que se o seña, senón o depósito progresivo no fondo dos metais pesados.
Istos non visibeis, xúntanse e acumúlanse no fondo pasando a toda a cadea trófica co cal pasan a formar parte da nosa dieta, sobrepasando deste xeito o ambeto puramente local; polo que
SOLICITAMOS
A) Identificación dos causantes.
B) Información do tipo de líquidos e materiais verquidos, a súa composición e efectos sobre a saúde pública.
C) Aplicación rigurosa da lexislación na materia.
D) Un estudo sobre o programa operativo da autoridade portuaria para facelo mais efectivo.
A Coruña, 8 de Octubro de 2009.
Asdo/ Margarita Urbano Santiago.
Presidenta.