Vostede está aquí

DENUNCIA PÚBLICA CONTRA OS VERTIDOS

A Asociación de Veciños “OZA -GAITEIRA –OS CASTROS".

Denuncia públicamente os continuos verquidos incontrolados de augas contaminadas e fecais na zona de OZA. Ditos verquidos estanse realizando dende hai xa tempo, sen que as autoridades competentes tomen as medidas legais adecuadas para evitalos.

Estes verquidos significan un deterioro continuado das augas da Ría,e polo tanto do traballo de mariscadores e pescadores, e un deterioro das zonas de lecer dos cidadáns.

Polo tanto esta AA.VV. esixe ás autoridades competentes:

-Unha análise periódica, continua e exhaustiva das augas da Ría e a zona de Oza. Así tamén a información pública das mesmas.

-Un control dos puntos de verquido das zonas de vivendas e zonas sanitarias. Asemade a necesaria depuración das mesmas e prohibición de verquido das zonas sanitarias.

-Un control periódico das augas do Río Monelos, mediante catas en diversos puntos do seu cauce, para coñecer o tipo de verquidos que se realizan ao mesmo.

-Un censo de empresas industriais, de zonas de vivendas e de zonas de traballo asociadas ás actividades portuarias consideradas como puntos negros de posibel contaminación.

- Q ue se obrigue aos causantes desta contaminación a arrancar os efectos e tomar as medidas necesarias para evitalos. En todo caso esiximos que tomen as medidas legais oportunas