Vostede está aquí

Deficiencias no barrio


A asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:
  • Na avenida de Xeral Sanjurjo a altura do numero 160 na saida do garaxe de Mercadona losetas da beirrarúa levantadas ocasionando lesiones a varios veciños
  • Na avenida de Xeral Sanjurjo a altura do numero 166 na saida dun garaxe  losetas da beirrarúa levantadas , co perigo que elo conleva
  • As beirrarúas da rúa Juan Montes atopanse en lamentable estado
  • Na rúa José Mª Hernandez  a estrada ten fochancas e as beirarrúas están en pésimo estado. Son de tal magnitude que supoñen un perigo para o tráfico rodado e as persoas que pasan pola beira.
  • Queixas pola distribución do  mobiliario urbano tras a remodelación da rúa Gaiteira e polos bancos de dita rúa , xa que a veciñanza reclaman que todos eles teñan respaldo.