Vostede está aquí
Curso básico “Igualdade e prevención das violencias machistas”
04/02/2021 - 18:24
Dende a asociación veciñal comunicamos que a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña informámosche da apertura de novas edicións do curso básico “Igualdade e prevención das violencias machistas” do Pacto Social.
Este curso, dirixido ás persoas a título individual e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social, procura sensibilizar sobre a importancia do papel activo que cada persoa pode desenvolver para a erradicación das violencias machistas na súa contorna. O curso básico ten unha duración de 4 horas, é gratuíto e de modalidade online. Ao finalizar o curso entregarase un diploma.
Na actualidade, as datas dispoñibles son as seguintes:
Curso básico en modalidade online
- 5º edición: do 8 ao 28 de febreiro
- 6º edición: do 22 de febreiro ao 14 de marzo.
Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario que atoparás na seguinte ligazón: FORMULARIO DE PRE-INSCRICIÓN