Vostede está aquí

A CORUÑA QUE SE OLVIDA O ALCALDE

3

A CORUÑA QUE OLVIDA O ILMO. ALCALDE SR. LOSADA ASPIAZU

Benquerido Alcalde, gostaríame que na súa axenda incluíra un paseo pola rúa Montiño, “PASEANDO”, e vendo (mirando) as aventuras que fan as nais e pais dos rapaciños, cun carriño de bebé e outro pequeno (duns catro anos) nunha beirrarúa de menos dun metro de ancho, contando ca ventalla que supón o tránsito de coches nos dous sentidos de circulación, nunha rúa que ten a marxe dereita en obras e ten a outra beirarrúa como queda dito, e tendo en conta que a orografía do terreo e unha grande pendente. Quero deixarlle moi claro que os veciños deste barrio tamén pagamos os impostos correspondentes; e que algo das “Muy bonitas las reformas de las aceras de su Coruña”, tocaranos.

Benquerido Alcalde, desexo que na espera desta ventaxosa situación non teñamos que laiarnos, Deus non o queira, dun accidente pola falla das beirarrúas; e digo falla pola rúa Montiño marxe dereita, a continuación na rúa Castrillón mais dos mesmo, agora si, agora non; e os pasos de peóns; sabe vostede que para cruzar a rúa hai que facelo pola Ronda de Outeiro ou na interseción ca rúa Antonio Ríos, e vivindo na metade to traiecto. E non esqueza o do carriño e o meniño de catro anos.

Benquerido Alcalde, non sei se poderá atender a minha inquedanza, pola súas ocupacións; eso si, sempre co sorriso nos beizos; o millor poderá delegar nalgunha persoa do seu equipo e así corroborar “in situ” o que nesta escrita queda dito; e poder arranxar os problemas a maior brevidade, antes que aconteza unha desgracia.

Aproveito para saludalo atentamente.

A Coruña, xullo de 2009.