Vostede está aquí
CONTAMINACIÓN ELECTROMAGNÉTICA
Mentres miramos como este sistema económico cambaléase pola falta de control e as ansias de gañar diñeiro duns poucos, encontrámonos que nas comunicacións sen fíos está a pasar o mesmo no seu despregue caótico. As operadoras de telefonia móbil (apoiada en moitos casos polos mesmos asesores das tabaqueiras que fixaban estándares para as probas científicas para impedir demostrar que o fume do tabaco é daniño) inténtanos convencer, dende os seus intereses económicos, de que non pasa nada e que non se pode demostrar perigo algún para a saúde do seu caótico despregamento actual.
             Mentres dende as                  institucións europeas xa se nos informa                  de que os limites de exposición ás                  emisións electromagnéticas (como a                  que aplica a normativa estatal                  española) se consideran obsoletos                  para protexer a saúde da poboación                  (especialmente dos grupos máis vulnerábeis) e deben ser reducidos
No coloquio “Tecnoloxía inalámbrica, un novo problema sanitario" organizado o 23.04.09  no Senado do Parlamento francés,  4 doutores europeos de renome na  investigación sobre campos  electromagnéticos  (o coordinador do proxecto de investigación europeo  Reflex, o científico alemán Franz Adlkofer; o cancerólogo francés  Dominique Belpomme; su colega sueco Lennart Hardell; e o investigador do  departamento de neurociencias do Karolinska Institute de Suecia, Olle  Johansson), lanzaron un chamamento solemne co fin de advertir aos  poderes públicos contra a utilización sen limitación das tecnoloxías sen  fío.
