Vostede está aquí
Concentración Sábado día 12 , ás 12 :30 ,diante da Subdelegación do Goberno
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros se suma a concentración que se vai celebrar o vindeiro sábado, día 12, ás 12:30, diante da Subdelegación do Goberno, para evitar a venda e privatización da fachada marítima.
Para Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, trátase dunha esixencia da veciñanza para que os peiraos non se convirtan en moeda de cambeo para paliar os graves desequilibrios financieiros da Autoridade Portuaria, máis tamén para seguir afondando na necesidade imperiosa da conexión ferroviaria con Langosteira, infraestructura chave, sen a cal o porto exterior resultaría prácticamente inútil. A construcción do porto exterior foi unha iniciativa da administración central e, xa que logo, compételle ao ministerio de turno asumir o seu custe na súa totalidade.