Vostede está aquí
Chapuzas e falta planificación do goberno municipal
Dende  a AAVV Oza Gaiteira  Os castros,ante as queixas dos veciños e veciñas  do barrio hai tempo que estamos demandando que  se remate coas chapuzas que se  están a facer na rúa da Gaiteira, na  pista de baloncesto do parque Europa e outras zonas do noso barrio
Estas actuacións acaban saíndo máis caras e supoñen un despilfarro de cartos publicos , nunha epoca de grave crisis economica, donde hai veciños e veciñas que se atopan en unha grave situación economica e de exclusión social.
Polo que reclamamos dende a nosa asociación veciñal que se faga unha rehabilitación integral de todo o barrio Contando cos veciños e veciñas, cos comerciantes e os colectivos do barrio para, entre todos, mellorar a calidade de vida no barrio, mellorando o comercio local e a economía das familias.
Dende a nosa asociación veciñal sempre estamos abertos ao dialogo co goberno municipal no que atinxe en conseguir melloras para o barrio e asi mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio.
