Vostede está aquí

Chapuzas e desfeitas na Gaiteira



Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos denunciar o xeito en que se está a arranxar a rúa peonil da Gaiteira. A reforma que se fixo no seu momento, colocando pedra no firme e reformando toda a rúa da Gaiteira, serviu para darlle un pulo a toda esa zona, valorizando unha parte histórica do barrio e contribuíndo a mellorar os comercios da contorna.

O deterioro no empedrado, denunciado tamén en varias ocasións dende esta asociación, facía necesario un arranxo en condicións. O que se está a facer, enchendo de chapapote os ocos que deixan as pedras rotas ou as que se retiran por estar en mal estado, é unha autentica desfeita.

Os cartos investidos no seu momento para mellorar toda a rúa tíranse ao lixo con esta actuación. Como é posible que unha rúa peonil empedrada se amañe botando chapapote como se fose unha pista calquera?

É evidente que a rúa tiña que ser arranxada, así o ten prometido o actual alcalde na súa campaña electoral, máis esta actuación é un disparate e unha chapuza.

Polo que instamos ao concello a un arranxo integral e unhas condicións apropiadas en toda a rúa da Gaiteira tal como prometeu na campaña electoral