Vostede está aquí

A Casa dos xoguetes. Recollida e entrega de xoguetes

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros por unha  falta de espacio e unha evidente necesidade de prevención e garantia de saúde publica este ano non se recolleran xoguetes  desviando a recollida de xoguetes que realiza o concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),  que pon en marcha A Casa dos Xoguetes; unha iniciativa para fomentar o consumo responsable de xoguetes, a solidariedade e economía circular, na que un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinados a nenas/os de ata catorce anos.
 

A quén vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

O servizo desenvolverase desde o 14/11/2020 ao 05/01/2021

Horario:

NOVEMBRO

  • De luns a venres de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Sábados de 10.00 a 14.00 h.
  • Domingos pechado.

DECEMBRO

  • De luns a sábado de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Domingos e festivos de 12.00 a 20.00 h.
  • Horarios especiais no mes de decembro:
  • O 24 e o 31 de decembro horarios especiais entre as 12.00 e as 18.00 h ininterrompidamente.

XANEIRO

  • Do 2 ao 4 de xaneiro de 10.00 a 19.00 h ininterrompidamente.
  • Día 5 de xaneiro de 10.00 a 21.00 h ininterrompidamente.
  • Horarios especiais no mes de xaneiro:
  • Día 1 de xaneiro de 12.00 a 18.00 h ininterrompidamente.

Requisitos:

  • Os xoguetes deberán ter as seguintes características: 
    • Que sexan produtos deseñados ou previstos para ser utilizados con fins de xogo por nenas/os menores de catorce anos. 
    • Deben de reunir boas condicións de hixiene e de estado. 
    • Deben de ser seguros.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/omic/

Contacto:

Oficina Municipal de Información as Persoas Consumidoras (OMIC)

Teléfono: 981 189 820

Teléfono de información xeral do concello: 010